Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
El PSOE aplaca la revuelta madrileña contra Lobato y echará el resto en primarias
A Olivier le ha cambiado la vida una terapia contra el cáncer de su propio hospital
Opinión - Piloto suicida. Por Antón Losada
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Non imos calar

Imagen de archivo de protesta en contra de Altri, la macrocelulosa que la empresa portuguesa pretende establecer en el municipio lucense de Palas de Rei.

0

Na complicada relación epistolar, as máis das veces unidireccional, das organizacións ecoloxistas coa Xunta de Galicia non existe convenio internacional tan mencionado como o Convenio de Aarhus. O texto, de obrigado cumprimento ao ser aprobado nas Cortes do Estado en 2005, garante o acceso á información, a participación pública na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia ambiental. As alusións continuadas ao mesmo nas alegacións, suxestións, achegas ou denuncias que as entidades protectoras do medio ambiente dirixen á Xunta responden á necesidade de lembrarlle constantemente que a participación pública é moito máis ca un apartado no portal de transparencia do goberno. 

Nos últimos tempos a Xunta de Galicia estanos a enviar unha fervenza de sinais que convidan a pensar que o seu concepto da democracia é cando menos particular. Un exemplo palpábel é a insólita decisión de remitir ducias de requirimentos a persoas e entidades que alegaron aos permisos ambientais solicitados por Altri/Greenfiber para fracturar o territorio –dito polo Consello da Cultura Galega– coa instalación dunha celulosa na Ulloa. Esíxenlles que demostren seren parte interesada no proceso. Vaia, que a resposta da Xunta á marca histórica de 23.000 alegacións presentadas é poñer en dúbida a súa lexitimidade –mesmo por boca do Presidente–, negar tacitamente o dereito das organizacións ecoloxistas a fornecer á cidadanía de ferramentas para defender a natureza e, xa que logo, tratar de silenciar administrativamente a oposición popular masiva que xerou Altri. A cuestión é tan abraiante que a Xunta mesmo puxo en dúbida en dúbida que organizacións como Adega, o Sindicato Labrego Galego ou a propia Plataforma Ulloa Viva fosen parte interesada fronte a un proxecto que, probabelmente, é o máis lesivo en termos ambientais e socioeconómicos que se presentou no país nas últimas décadas. E no que todas somos parte interesada.

Pero hai máis. Esta mesma semana oito das organizacións ambientais máis representativas do país comunicaban que levan máis dun ano agardando por unha resposta da Xunta á súa solicitude de seren incluídas en REDEMAR. Trátase dunha rede entre o sector pesqueiro, os organismos científicos e a sociedade na que a Xunta excluíu a entidades sociais que levan décadas traballando na conservación dos ecosistemas mariños e a sustentabilidade socioambiental das actividades pesqueiras. Neste caso xa non falamos só de incumprimento do antedito convenio de Aarhus, senón tamén da Política Común de Pesca, da Lei de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira e da Directiva Europea sobre a Estratexia Mariña, que salientan a importancia da participación e implicación de representantes da sociedade civil xunto a todos os axentes afectados.

E o despropósito non remata aquí. Hoxe mesmo, 22 de novembro, unha ducia de organizacións ecoloxistas, agrarias e do mundo do mar rexeitaban publicamente a decisión da Xunta de excluír as organizacións de defensa da natureza e as comunidades de montes veciñais do Consello da Minería de Galicia, do que forman parte dende a súa creación en 2008. Mediante esa Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que sempre acompaña aos orzamentos e adoita supor a modificación dunha morea de normativa, a Xunta de Galicia impulsa a involución da participación pública tamén en materia de minaría. Se cadra algo ten que ver a Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030, aprobada hai un ano, que mencionaba nos seus DAFO ao “ecoloxismo radical”, a “utilización da minería como arma en Galicia” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” como ameazas. Abraiante.

Conviría lembrarlle á Xunta de Galicia, e a todos eses altos cargos públicos que sorprendentemente levan meses exercendo de axentes comerciais de Altri, que a intervención da cidadanía na toma de decisións é un dos mellores indicadores do nivel de calidade democrática dun goberno. E que a lexitimidade das urnas á que tanto aluden nas súas intervencións parlamentarias dálles o dereito, por suposto, a formar goberno, pero non a gobernar de calquera xeito. E menos pasando por riba da etimoloxía da que agroma a democracia, lembrémosllelo, goberno do pobo. Vémonos o 15 de decembro en Compostela. Altri Non.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats